OS ANCARES, UN ESPAZO RURAL TRADICIONAL DE MONTAÑA QUE LOITA POLO SEU FUTURO.

Benvidos a todas e a todos!
Este blog reálizase ao abeiro dun pequeno traballo de investigación que se nos plantexa aos alumnos de "Xeografía Rural e as súas aplicacións" durante o 4º curso da licenciatura de Xeografía da USC.
No caso deste blog centrareime no entorno rural dunha das paraxes, ao meu parecer, máis bonitas e ricas paisaxística, culturais, ecolóxica e ambientalmente de Galicia, da Península Ibérica e de toda a fachada Atlántica Europea.
Sen embargo, os fortes procesos de cambios sociais, económicos, e demográficos experimentados no país durante o século XX provocan que os espazos rurais teñan que mudar estruturalmente e reinventarse para poder ser un territorio de oportunidade con futuro. O entorno dos Ancares, coas súas singularidades, non queda alleo a esta realidade.

Por iso, intentarase analizar a realidade dun espazo inigualable, e expoñer unha serie de propostas que manteñan un espazo sostible como o era 100 anos atrás.

Ademais, a discusión e o debate público e aberto, é o principal obxectivo desta pequena ventá, sempre dende o respecto e a riqueza que permiten a visión e opinión de todos aqueles axentes interesados polo rural e pola súa pervivencia, enriquecendo a fin que busca un traballo deste tipo.

Xa para rematar, facer fincapé en que a lingua utilizada no blog será o galego, lingua oficial do de Galicia xunto co español, e que pola realidade vital de uso que está a vivir cun perigo de extinción existente necesita do seu uso en tódolos medios e ámbitos; e internet e a ciencia son eidos claves nos que debe avanzar. Pero sobre todo, porque é a lingua maioritaria do medio rural galego, e particularmente, dos Ancares.

Non cabe dúbida que se respetará o uso de calqueira outra lingua, e que a xente poderá usar o idioma que crea convinte para expresarse.

Agardo que con isto aprendamos algo máis.

Un saúdo agarimoso.

Efrén.

domingo, 5 de junio de 2011

CRONOGRAMA VITAL. MÁIS DE 40 ANOS DE HISTORIA




Na presente entrada, faremos un breve percorrido histórico do Albergue: os propietarios, os distintos administradores, os dóus peches no último período, a evolución da orientación de actividades que se pretenden  fomentar dende os seus rexidores, etc.

Como tivemos dito, dende que comezaron as obras no ano 1965, o establecemento de "turismo rural" foi aberto definitivamente no verán do ano 1970. Os propietarios do inmoble e dos terreos (doados polos veciños de forma gratuíta), serán os membros do Club Ancares de Lugo, aínda que a maior parte do capital posto para a súa construción foron de fondo público. Desta forma, son os membros do clube de montañeiro lucense os propietarios e administradores do centro de hospedaría.

Durante 25 anos, dende o 1970-1995 o albergue vive a súa "belle epoque" xa que recibía un grande número de persoas (cazadores, montañeiros, sendeiristas, turistas predominantemente de medios urbáns...) que buscaban e apreciaban a boa oferta que durante eses anos, ofrecía na comarca este establecemento turístico.

Dende o ano 1995 cambia a xestión do Albergue e o Clube, sen deixar de ser propietario cede a administración do local arrendandoo a persoas privadas (nunca empresas nin cadeas hoteleiras, ou de casas de turismo rural, porque non creo que o virán como unha opción de negocio turístico). O caso, e que este cambio na xestión provoca unha degradación do Albergue, non só física da propia construcción, senon que tamén se ve devaluada a calidade da oferta que ofrece, que empeza a non ser competitiva con outros establecementos que comezan a crearse na comarca dos Ancares e que captan unha grande cantidade de antigos clientes.
Este feito, conleva a que en 10 anos, pasen 5 administradores distintos, e que a situación comeze a ser moi grave para o futuro deste histórico establecemento. Despois de ser o principal, e case único referente hosteleiro da comarca, a finais do verán do 2006 o Albergue pecha as súas portas por primeira vez en 35 anos.
O establecemento necesita axiña un cambio estructural total, na súa xestión e administración para volver ser un referente. Os dous seguintes anos volverán ser un fiasco (dous novos administradores en dous anos: unha familia local de emigrantes retornados e un matrimonio da empresa pontevedresa Alenta). Os administradores abandonan alegando que non se poden facer cargo das moitas reformas estructurais que necesita o edificio (moi exposto a inclemencia do tempo neste entorno montano), xa que dende facía dous anos o Clube de montaña esixía aos administradores que se fixesen cargo das reformas que se tiñan que realizar, cousa que antes correspondia a éles mesmos, os novos propietarios. En definitiva, isto provoca un novo peche no verán do 2008.

É agora cando dende o clube ven a grave crise na que se encontra o Albergue, e ven na cesión ás institucións públicas do establecemento unha posible opción, pero opinan que iso, aínda sendo inevitable, o farán en 5 ou 10 anos.

Co novo ano 2009 ex-matrimonio de Lugo (socios do clube) pasan a ser os novos administradores. Ofrecen aires renovados e unha actitude pro-activa en favor de dinamizar o lugar. Parece que dende aquela, o futuro do Albergue é máis alentador...

Primeira foto: ano 2005, a piques do primeiro peche.
Segunda foto: o comedor na actualidade.
Terceira foto: os actuais administradores do Albergue.

Adxunto enlaces das noticias dos feitos ocorridos:
-http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/11/01/5246877.shtml
-http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/11/06/100000109962.shtml
-http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2008/10/26/0003_7257285.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2008/11/12/0003_7306365.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario