Nas entradas anteriores temos visto, en certa forma, as orixes, o emprazamento, a situación, e a cronoloxía vital dende a súa construción do Albergue de Ancares, primeiro establecemento de turismo rural en Galicia (é importante recordalo).
Nesta entrada, presentarei os servizos que ofrece o establecemento na actualidade, que se basean nunha oferta de tranquilidade, trato directo e acolledor co visitante sempre nun entorno idílico para aqueles que buscan desfrutar da natureza no seu maior esplendor, ven sexa nunha fin de semana na que se busca o relax e a tranquilidade, acolléndose ao pracer de poder saborear un medio rural tradicional galego de montaña, con paseos polos seus vales, a súas pequenas aldeas onde nos remontamos 100 anos na historia, das costumes tradicionais, dos sempre rodeados de densos bosques temperados con especies propias dun clima atlántico temperado, onde, segundo a estación do ano na que te encontres, terás unha gama de cores que pasan por toda a clasificación cromática e provocan, que cada mes, cada ano, ou cada lustro que vaias aos Ancares te encontrarás cunha paisaxe distinta, pero sempre fermosa.
Se pola contra, pretendes que as túas vacación sexan “máis activas”, só tes que planificar o tipo de actividade e a ruta que farás (descubrindo os ríos, regatos, e densos bosques no fondo dos vales, ou ben remontando en altitude cara as cordais montañosas e cruzando os portos de val en val, onde poderás ter unha vista de águia sobre toda a Serra e tódalas elevacións que sobresaen polo leste de Galicia, ata o Bierzo leonés e os montes astures, en todas elas descubriras unha diversidade faunística e florística, e mesmo ambientes pasados propios de outros climas, onde moitos dos vales ancareños se cubrían por circos, linguas e morrenas glaciares, que recordan a variabilidade que sofren as paisaxes e os medios naturais).
Montañismo invernal, esquí de fondo, sendeirismo durante todo o ano, rutas en btt, rutas a cabalo, etc. compoñen soamente algunhas das numerosas cousas que podes facer nun entorno coma este, o que nos ofrece unha paraxe onde non merece que as nosas actuación signifiquen un ataque ao entorno, se non que se exerzan co respecto ambiental para así poder perdurar durante moitos anos máis.
O Albergue emprázase nun lugar perfecto como punto de partida das túas excursións e actividades, a uns 1300 msnm empezan moitas das rutas sinaladas que se poden realizar.
A casa son máis de 500 m2, con dous pisos e un piso inferior. Na entrada hai un pequeno hall, onde temos a recepción, con servizo bar-cafetería, con espazos de lectura ao carón da cheminea e posibilidade de ver a televisión ou incluso unha película.
Para desfrutar da boísima gastronomía da zona, o Albergue ofrece comidas, ceas e almorzos onde se oferta unha gran cantidade de produtos gastronómicos segundo a estación, degustando a variedade de carnes (tenreira, porco bravo, porco celta) ou as deliciosas troitas autóctonas dos ríos da zona. Todo elo no amplísimo comedor onde hai unha galería que o rodea que permiter desfrutas dunha das mellores vistas de toda a Serra, ao carón do calor que aporta unha fermosa e tradicional cheminea.
En canto á oferta de pernoctación, destaca por unha ampla variedade de opcións, polo tipo de habitacións (individuais, dobres, tríples ou cuádruples), o que conleva unha optatividade económica para todo tipo de economías. Todas as habitacións teñen baño propio con auga quente e calefación.
Para os máis xóvenes e os que teñan unha estancia “de paso”, no piso inferior do casón hai unha gran habitación con capacidade en liteiras de ata 31 persoas, con baño compartido e prezos moi adsequibeis.
Debemos apuntar, ademais, que todos aqueles sexan federados de montaña ou socios dos Clubes galegos, teñen un desconto en toda a oferta en conxunto (habitacións, comidas, etc.)
Espero e vos recomendo encarecidamente que poidades desfrutar unha estancia nun establecemento coma este e nunha paraxe inigualable.
Adxúntovos a web do Albergue onde aparece a información e oferta de instalacións, así coma os seus prezos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario