OS ANCARES, UN ESPAZO RURAL TRADICIONAL DE MONTAÑA QUE LOITA POLO SEU FUTURO.

Benvidos a todas e a todos!
Este blog reálizase ao abeiro dun pequeno traballo de investigación que se nos plantexa aos alumnos de "Xeografía Rural e as súas aplicacións" durante o 4º curso da licenciatura de Xeografía da USC.
No caso deste blog centrareime no entorno rural dunha das paraxes, ao meu parecer, máis bonitas e ricas paisaxística, culturais, ecolóxica e ambientalmente de Galicia, da Península Ibérica e de toda a fachada Atlántica Europea.
Sen embargo, os fortes procesos de cambios sociais, económicos, e demográficos experimentados no país durante o século XX provocan que os espazos rurais teñan que mudar estruturalmente e reinventarse para poder ser un territorio de oportunidade con futuro. O entorno dos Ancares, coas súas singularidades, non queda alleo a esta realidade.

Por iso, intentarase analizar a realidade dun espazo inigualable, e expoñer unha serie de propostas que manteñan un espazo sostible como o era 100 anos atrás.

Ademais, a discusión e o debate público e aberto, é o principal obxectivo desta pequena ventá, sempre dende o respecto e a riqueza que permiten a visión e opinión de todos aqueles axentes interesados polo rural e pola súa pervivencia, enriquecendo a fin que busca un traballo deste tipo.

Xa para rematar, facer fincapé en que a lingua utilizada no blog será o galego, lingua oficial do de Galicia xunto co español, e que pola realidade vital de uso que está a vivir cun perigo de extinción existente necesita do seu uso en tódolos medios e ámbitos; e internet e a ciencia son eidos claves nos que debe avanzar. Pero sobre todo, porque é a lingua maioritaria do medio rural galego, e particularmente, dos Ancares.

Non cabe dúbida que se respetará o uso de calqueira outra lingua, e que a xente poderá usar o idioma que crea convinte para expresarse.

Agardo que con isto aprendamos algo máis.

Un saúdo agarimoso.

Efrén.

viernes, 10 de junio de 2011

REFLEXIÓN Á ENTREVISTA. CONCLUSIÓNS




Despois de ter estudado e investigado un pouco máis a fondo a realidade dun entorno coma os Ancares, en base ao estudo dun establecemento emblemático, dende a súa orixe, a súa evolución, a situación actual e o inseguro futuro, cambia en certa medida, esa primeira percepción de elevado optimismo sobre o futuro desta comarca, como expresa o título de Blogue. Ademais, teño a sensación de que o visitante, o foráneo que, coma min, coñecía este entorno como lugar de vacacións, e non como medio de vida, ten esa visión optimista polo feito de ter percepción cos ollos de turista, da beleza da súa paisaxe, tanto humanizada como a máis natural (aínda que feita tamén pola man do home dende milleiros de anos, son eles os xardineiros da paisaxe que podemos desfrutar). 

O estudo, a entrevista co administrador, as conversas cos paisanos de Degrada, fan cambiar a visión dos meus ollos, a perspectiva do olleador.
O rural en Galicia experimenta se despoboa a pasos de xigante, e máis, un de espazo de montaña coma este. As actividades rurais tradicionais se extinguen, non hai relevo xeracional, e penso que é totalmente irreversible. A historia avanza, con ela a sociedade e os medios de vida, e o rural debe mudar tamén se quere volver ser un espazo con dinámico demográfica, social, cultural e economicamente viable, como fai 100 anos, pero adaptado.

Os Ancares debe aproveitar os seus valores de oportunidade, o ambiental e o socio-cultural é un deles. O futuro inmediato está pola declaración dun Parque Natural interrexional, xunto coa parte leonesa e a asturiana, e ademais fomentar o desenrolo de Parques Rurais, onde tamén teña protección o valor antrópico e a humano das actividades tradicionais do rural, que sexa tamén unha figura de protección.
Isto provocaría un efecto chamada de visitantes e turistas que buscan natureza e tranquilidade, non masificación e praia. Iso si, os programas de desenvolvemento deberían orientar os enfoque das súas políticas cara un turismo universal, pero de calidade, que respecte o medio. Como afirma Marcial, sería un valor para potenciar o turismo rural e a creación de establecementos hoteleiros, casas rurais, actividades de agro-turismo, onde houbese cabida para a creación de museos etnográficos, se establecesen empresas que oferten actividades deportivas de aire libre e respectuosas co medio con guías e instrutores, que as propios establecementos oferten este tipo de actividades, e un longo etc.

A diversificación de actividades nun medio como Ancares pasa por darlle esta orientación, pero sempre de forma correcta. Moitos criticarán que se rematará cun entorno “virxe e único pola posible masificación de xente que isto poida provocar”, pero eu lles diría se prefiren un espazo virxe, pero un cemiterio demográfico, que cambiaría totalmente o que é, porque non  debemos esquecer que é o que é, polas súas xentes. Se necesita fixar poboación, coa creación de novas iniciativas que o fagan posible, e penso modestamente que esta o pode ser, se segue coma ate o de agora, despois da afirmación do señor Juarez, concelleiro de Medio Rural, en 20 ou 30 anos os Ancares será un dos primeiros espazos rurais en morrer.



No hay comentarios:

Publicar un comentario