OS ANCARES, UN ESPAZO RURAL TRADICIONAL DE MONTAÑA QUE LOITA POLO SEU FUTURO.

Benvidos a todas e a todos!
Este blog reálizase ao abeiro dun pequeno traballo de investigación que se nos plantexa aos alumnos de "Xeografía Rural e as súas aplicacións" durante o 4º curso da licenciatura de Xeografía da USC.
No caso deste blog centrareime no entorno rural dunha das paraxes, ao meu parecer, máis bonitas e ricas paisaxística, culturais, ecolóxica e ambientalmente de Galicia, da Península Ibérica e de toda a fachada Atlántica Europea.
Sen embargo, os fortes procesos de cambios sociais, económicos, e demográficos experimentados no país durante o século XX provocan que os espazos rurais teñan que mudar estruturalmente e reinventarse para poder ser un territorio de oportunidade con futuro. O entorno dos Ancares, coas súas singularidades, non queda alleo a esta realidade.

Por iso, intentarase analizar a realidade dun espazo inigualable, e expoñer unha serie de propostas que manteñan un espazo sostible como o era 100 anos atrás.

Ademais, a discusión e o debate público e aberto, é o principal obxectivo desta pequena ventá, sempre dende o respecto e a riqueza que permiten a visión e opinión de todos aqueles axentes interesados polo rural e pola súa pervivencia, enriquecendo a fin que busca un traballo deste tipo.

Xa para rematar, facer fincapé en que a lingua utilizada no blog será o galego, lingua oficial do de Galicia xunto co español, e que pola realidade vital de uso que está a vivir cun perigo de extinción existente necesita do seu uso en tódolos medios e ámbitos; e internet e a ciencia son eidos claves nos que debe avanzar. Pero sobre todo, porque é a lingua maioritaria do medio rural galego, e particularmente, dos Ancares.

Non cabe dúbida que se respetará o uso de calqueira outra lingua, e que a xente poderá usar o idioma que crea convinte para expresarse.

Agardo que con isto aprendamos algo máis.

Un saúdo agarimoso.

Efrén.

domingo, 5 de junio de 2011

OS COMEZOS




A primeira idea de establecer un albergue de montaña nesta Serra xorde a partir da creación do clube de montaña "club ancares" de Lugo no ano 1963, preto dos 50 anos de vida xa dende a súa creación.
Por iso, un dos seus primeiros obxectivos era a creación dun albergue-refuxio orientado a montañeiros e cazadores e enfocalo a un uso de diversas actividades naturais deportivas e relacionadas co mundo caza. Ademais, tamén se quería fomentar unha atración turística que puidese desfrutar das actividades tradicionais propias das montañas de Cervantes (festas tradicionais folklóricas, emisión de video-documentais da zona, etc.).

Finalmente, a ubicación do albergue será na Campa de Fieiró, a 1350 msnm na parroquia de Degrada, no concello de Cervantes (como se indica na primeira entrada). Os porques desta ubicación tiveron respondido a dous factores claves:
- Por unha banda a boa bondade dos veciños da parroquia, que cederon os terreos onde se ubicaría o albergue (en total uns 2000 m2), que vían nesta nova iniciativa un valor de oportunidade para o desenrolo económico da parroquia.
- E finalmente, o apoio da administración pública no ano 1970, cando Fraga Iribarne dirixia o ministerio de Información e Turismo aínda na ditadura Franquista, que aposta claramente por esta localización e aporta o capital da construción. A fin de uso por parte do ministerio era unha aposta clara por construír un grande "refuxio de cazadores", de grandes dimensión e que ofertara un gran número de prazas, xa que os Ancares foran recentemente repoboados con gran número de especies (gamos, cervos, cabra montesa e demáis mamíferos). Unha mostra é a fotografía que realizei, ilustrada na entrada, do urogallo cazado por Fraga nos anos 80 e que aínda está exposto na entrada do Albergue. Cabe sinalar, que a ano 2011, o urogallo está totalmente extinto na parte galega dos Ancares.

A xestión e propiedade da hospedaxe, sería de orde mixto entre a administración pública (quen tiña a maioría do capital e da propiedade), pero tamén dos "clube Ancares de Lugo" que se encargaría da súa xestión e mantemento (fairíao durante todos estes anos, e incluso de certa forma na actualidade, aínda que é moi criticable cal tivo sido dita xestión á hora de asegurar o futuro de mantemento).

Cos anos, a orientación das actividades e os perfis dos clientes do Albergue mudaron e evolucionaron, o cal veremos en vindeiras entradas, pero a historia do local estivo chea de períodos moi fráxiles (varios períodos onde se mantivo pechado), e o que esta claro, e que as esperanzas que os veciños depositaran no "parador de ancares" (como eles mesmo lle chaman) non foron unha realidade en gran medida, e non supuxo un cambio sustancial a mellor nin nas súas vidas nin no seu entorno.


Vos remito a dous enlaces da hemeroteca do xornal ABC dos anos 60, que falan da orixe do Albergue: son certamente interesántes, animovos a que lle botedes unha ollada e comentedes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario