OS ANCARES, UN ESPAZO RURAL TRADICIONAL DE MONTAÑA QUE LOITA POLO SEU FUTURO.

Benvidos a todas e a todos!
Este blog reálizase ao abeiro dun pequeno traballo de investigación que se nos plantexa aos alumnos de "Xeografía Rural e as súas aplicacións" durante o 4º curso da licenciatura de Xeografía da USC.
No caso deste blog centrareime no entorno rural dunha das paraxes, ao meu parecer, máis bonitas e ricas paisaxística, culturais, ecolóxica e ambientalmente de Galicia, da Península Ibérica e de toda a fachada Atlántica Europea.
Sen embargo, os fortes procesos de cambios sociais, económicos, e demográficos experimentados no país durante o século XX provocan que os espazos rurais teñan que mudar estruturalmente e reinventarse para poder ser un territorio de oportunidade con futuro. O entorno dos Ancares, coas súas singularidades, non queda alleo a esta realidade.

Por iso, intentarase analizar a realidade dun espazo inigualable, e expoñer unha serie de propostas que manteñan un espazo sostible como o era 100 anos atrás.

Ademais, a discusión e o debate público e aberto, é o principal obxectivo desta pequena ventá, sempre dende o respecto e a riqueza que permiten a visión e opinión de todos aqueles axentes interesados polo rural e pola súa pervivencia, enriquecendo a fin que busca un traballo deste tipo.

Xa para rematar, facer fincapé en que a lingua utilizada no blog será o galego, lingua oficial do de Galicia xunto co español, e que pola realidade vital de uso que está a vivir cun perigo de extinción existente necesita do seu uso en tódolos medios e ámbitos; e internet e a ciencia son eidos claves nos que debe avanzar. Pero sobre todo, porque é a lingua maioritaria do medio rural galego, e particularmente, dos Ancares.

Non cabe dúbida que se respetará o uso de calqueira outra lingua, e que a xente poderá usar o idioma que crea convinte para expresarse.

Agardo que con isto aprendamos algo máis.

Un saúdo agarimoso.

Efrén.

viernes, 10 de junio de 2011

PASADO, PRESENTE E FUTURO. A ENTREVISTA II


- Dende que administras o Albergue, ¿houbo déficit ou beneficios?
Experimentamos perdas, pero con moita diferenza. A crise nótase, o número total de turistas ao albergue estivo preto de 400, pero en todo o ano 2010. Se sumas, estas aportacións, e as pos en relación cos gastos de conservación e manutención globais para manter o establecemento, saen perdas moi por enriba do ingresado.
O albergue se sustentaba, sobre todo, de subvencións públicas. Dende mediados da década dos 90 non é sustentábel economicamente sen subencións, e só xera custos. Esta situación veuse agravada dende fai 4 anos, onde deixamos de recibir subvencións. Na actualidade, o mantemento do Albergue supón unha lousa para o Clube.
Eu por exemplo, non teño un soldo, a administración supón para min un réxime de autosubsistencia, pero incluso hai meses onde paso algún apuro económico.

- Con este panorama, ¿ non pensas que o mellor para o futuro do Albergue sería a cesión a unha institución pública?
Esta foi unha opción barallada pola directiva do Clube e aceptouse. Claro que sería unha opción, presentouse ás administracións para a súa cesión (Deputación provincial e a Xunta) e non quixeron a cesión. O albergue supón agora un “morto” que a administración non está disposta a cargar.

-¿ O Albergue está recoñecido pola xunta como establecemento de Turismo Rural?
Non, estamos recoñecidos como Albergue de Montaña, dentro da rede de Albergues de Montaña de Galicia (como pode ser o de Fonte Da Cova, no macizo de Trevinca, aínda que é de libre acceso). Necesitariamos levar a cabo unha serie de reformas e rehabilitacións do casón para poder optar a este recoñecemento e habilitalo como tal, pero non temos en ningún dos casos acceso ao capital necesario que nos permitise plantexarnos algo así. Como exemplo, polo elevado custo que supón a instalación de internet vía satélite coa colocación dunha parabólica, non podemos nin instalar este recurso básico.

-¿ Pensas que a mocidade, ou as xeracións máis xóvenes, coma o teu fillo, virían a administrar o Albergue a un lugar coma este?
Penso que non. Xa pasaron algúns administradores que andaban pola veintena, viñan con moitas ilusións. Firmaban contratos de estancia para administrar durante 4 ou 6 anos, e aos dous meses abandonaban. É unha pena, porque terían que ser a mocidade, máis formada que nunca, a que tivera que innovar espazos coma este con novas aporacións que asegurasen a súa existencia. O meu fillo, ven sempre pola fin de semana, gústalle isto, a montaña, pero sería máis por unha cuestión romántica.

- ¿ Ves sostible o futuro do Albergue como opción de hospedaxe que dea beneficios e volva ser un referente para os visitantes que veñan aos Ancares?
Mira, Cervantes é xunto cun concello de Teruel, o municipio máis envellecido de España. O medio rural tradicional e as súas actividades están en grave perigo de extinción, cando os paisanos morran non terán, por primeira vez, relevo xeracional que faga pervivir as súas costumes.
Temos que adaptarnos aos novos centros, penso sen ningunha dúbida, declarar toda a Serra de Ancares un Parque Natural interregional é o único futuro viable para que aquí siga a vivir a xente. Potenciar o Parque faría que aumentase o número de casas de turismo rural e que establecementos coma este tivesen futuro, atraería turismo de calidade, que busca o contacto coa natureza. Así poderiamos ofrecer un gran número de actividades diversas con guía e outras cousas, como faciamos hai máis de 10 anos, onde cando viñan grupos organizabamos actividades coma a escalada, o rafting, rutas en btt, rutas de montaña, etc.

-¿ Pero a ao parecer os veciños da Serra non están moi de acordo coa declaración de Parque Natural?
Iso non é certo. Os que fan a oposición, e teñen unha gran influencia, son 4 grandes terratenentes que hai en Ancares, dos cales dous nin sequeran viven aquí. Claro, non queren ceder as súas terras, porque teñen moitas, deben de pensar que lles ven o Comunismo enriba co Parque Natural. Despois está a hipocrisía das administracións e dos políticos locais (antes era o PSOE de Cervantes o que quería o PN e o PP negábase, e despois das eleccións do 22 de Maio, cambiaron as tornas, todo en función dos intereses). 
Nos últimos anos o papel da administración (dende a UE, pasando pola Xunta e a Deputación) foi nefasto, os o Programas de Desenvolvemento Rural foron un estrepitoso fracaso e non dinamizaron en nada a zona, que segue a perder poboación. No Courel, pasaron en 20 anos de ter uns 40 establecementos de  hoteleiros e agora pasan dos 300, porque alí a administración si fixo ben as cousas. A aula da Natureza, que está en terreos do Clube en cesión a Medio Rural e se encontra a 100m. do Albergue leva 2 meses pechada, porque seica están a negociar un novo contrato de rexemento con unha nova empresa.
E xa me adianto posiblemente a seguinte pregunta, un establecemento de turismo rural en Ancares ten futuro, como mostra o Hotel Piornedo (con catalogación de dúas estrelas), naceu dun pequeno hospedaxe e nos últimos anos creceu ata converterse no que é, pero sen o apoio directo das institucións públicas, e imposible nestes tempos levar a cabo un proxecto de garantías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario